lunes, 25 de abril de 2011

Galicia, vívea e cóntao

Aínda que a Xunta de Galicia vén de presentar hai pouco unha campaña publicitaria para visualizar a oferta turística fóra das nosas fronteiras que leva como eslogan: Galicia, ¿me guardas el secreto?, eu convidovos- non a gardar o segredo- senón a espallalo a voces.
Paga a pena coñecer a paisaxe, a arte, a gastronomía, a cultura e as xentes dunha terra que conta cun idioma de seu, irmán do portugués e do castelán, e que goza de boa saúde, malia as presións dun mundo globalizado.

Para saber máis sobre a lingua: 

Información turística:

Escoita A lavandeira da noite, interpretada por Carlos Núñez e Noa.


 Vídeo montaxe con imaxes de Galicia e música de Mercedes Peón
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario