lunes, 21 de marzo de 2011

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela-1837, Padrón-1885), muller adiantada ao tempo que lle tocou vivir,  é a figura máis representativa das nosas letras.
Coa publicación da súa obra Cantares Gallegos, o 17 de maio de 1863, comeza o período do Rexurdimento da literatura galega contemporánea, momento no que a reivindicación da lingua como vehículo de comunicación literaria camiña parello ao agromar do sentimento nacionalista.
De 1880 data Follas Novas, obra na que o lirismo intimista acada a máis alta realización artística, nunha angustiada pregunta sobre o sentido da existencia humana, a dor e a inxustiza social. 
É ademais autora dun Conto galego e de distintos poemarios e novelas escritas en castelán.

sábado, 19 de marzo de 2011

Lorca canta a Galicia

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!

A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.

Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.

¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobró teu manto
as foles da amortallada!

Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dendá porta da súa casa.

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!


A lingua na que fora escrita a poesía peninsular primitiva foi a elixida por Lorca para cantar a nosa terra. En galego deixounos seis marabillosos poemas publicados por Ánxel Casal no 1935. Un ano despois, Lorca e Ánxel Casal, figuras brillantes e unidas por un destino tráxico, serían vilmente asasinadas.


Máis información sobre os poemas galegos