lunes, 21 de diciembre de 2020

Facemos un libro despregable

 Na segunda avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode sernos de utilidade. 


 

jueves, 17 de diciembre de 2020

Lemos A mansión dos Pampín

As alumnas e alumnos de 1º ESO lemos A mansión dos Pampín e o 15 de decembro fixemos un pequeno percorrido polos arredores do instituto mentres falabamos de cuestións coma a especulación urbanística e o feísmo. Cada unha de nós fotografou a casa máis bonita e máis fea segundo a nosa perspectiva. Faremos un album dixital con todas elas. 



miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N no Xelmírez I

A nosa gratitude á alumna de 2º Bacharelato, autora do adhesivo que hoxe facemos chegar á Comunidade Educativa. Tamén a Carlos Negro, por alzar nos seus versos a voz contra o maltrato.



lunes, 25 de abril de 2011

Galicia, vívea e cóntao

Aínda que a Xunta de Galicia vén de presentar hai pouco unha campaña publicitaria para visualizar a oferta turística fóra das nosas fronteiras que leva como eslogan: Galicia, ¿me guardas el secreto?, eu convidovos- non a gardar o segredo- senón a espallalo a voces.
Paga a pena coñecer a paisaxe, a arte, a gastronomía, a cultura e as xentes dunha terra que conta cun idioma de seu, irmán do portugués e do castelán, e que goza de boa saúde, malia as presións dun mundo globalizado.

Para saber máis sobre a lingua: 

Información turística:

Escoita A lavandeira da noite, interpretada por Carlos Núñez e Noa.


 Vídeo montaxe con imaxes de Galicia e música de Mercedes Peón
 

domingo, 24 de abril de 2011

Animais doutras latitudes

A fauna dos ríos galegos está acugulada de nomes tan suxestivos como cormorán, pita da auga, andoriña do cu branco, paporrubio, picafollas, sapiño comadrón, sapo corriqueiro... e un longuísimo etc. Aínda que a miña intención inicial era deixar aquí unha mostra dela, non dei conseguido imaxes cunha calidade suficiente para realizar o exercicio. No seu lugar, velaquí animais doutras latitudes afastadas.