¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.
Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.
¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobró teu manto
as foles da amortallada!
Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dendá porta da súa casa.
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
A lingua na que fora escrita a poesía peninsular primitiva foi a elixida por Lorca para cantar a nosa terra. En galego deixounos seis marabillosos poemas publicados por Ánxel Casal no 1935. Un ano despois, Lorca e Ánxel Casal, figuras brillantes e unidas por un destino tráxico, serían vilmente asasinadas.
Máis información sobre os poemas galegos

No blogue Son de poetas poden escoitarse algúns dos poemas galegos de Lorca, musicados por Carlos Díaz e Luar na lubre.
ResponderEliminar